¡Nin a España nin a Europa lles importa a nosa flota!

Marín
11 de decembro 2012

...é o vello lema que segundo o voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, "hoxe volve a estar de actualidade". O líder nacionalista visitou aos mariñeiros de Mauritania que pasaron a noite no Concello de Marín

Guillerme Vázquez visitou aos mariñeiros de Mauritania pechados no Concello de Marín PontevedraViva

¡Nin A España nin a Europa lles importa a nosa flota!, é o vello lema que segundo o voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, "hoxe volve a estar de actualidade".

O líder nacionalista visitou aos mariñeiros de Mauritania que pasaron a noite no Concello de Marín. Son arredor de 70 mariñeiros da flota cefalopodeira galega en Mauritania que iniciaron este luns un peche no salón de plenos para reclamar o cobro das axudas pactadas tras a súa expulsión do caladoiro africano.

"Tratamos de expresar como Bloque Nacionalista Galego o noso apoio os mariñeiros da flota cefalopodeira que hoxe se atopan nunha situación de desamparo e sen futuro, que non cobran as axudas nin se renova o acordo de pesca con Mauritania", explicou Vázquez.

O voceiro do BNG demandou das autoridades que non miren para outro lado "porque ni al gobierno central ni a la Xunta parecen preocuparles este asunto", afirmó  convencido de que "aquí será o goberno español o que teña que petar na mesa, e non peta, ese é o problema. Non é de recibo que outra vez nun novo acordo pesqueiro a perxudicada sexa a frota galega".

Os afectados decidiron hoxe en asemblea manter a protesta alomenos 24 horas máis

Pola súa banda os afectados decidiron hoxe en asemblea manter a protesta alomenos 24 horas máis, mantiveron xuntanzas cos grupos municipais para solicitarlles que apoien a manifestación prevista para este venres.

O secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, reiterou que "o fundamental e que este problema se coñeza porque afecta aos sectores básicos da nosa economía" e apuntou que "un montón de empresas cos seus traballadores van ir o garete porque alguén en Bruselas así o quere, sen ter ningunha razón máis", concluíu.

Arquivado en