Nin a calor desloce a secular Danza das Espadas de Marín

Marín
01 de outubro 2023

Marín celebrou este domingo unha das súas festividades máis representativas, San Miguel, e, como é habitual, o momento máis esperado e multitudinario foi o tradicional baile da Danza de Espadas. A partir das 13.00 horas, o santo comezou o seu percorrido, coas tres habituais paradas para   o colorido e vistoso baile de catro séculos de antigüidade

Procesión e Danza das Espadas de Marín 2023 Cristina Saiz

Marín celebrou este domingo unha das súas festividades máis representativas, San Miguel, e, como é habitual, o momento máis esperado e multitudinario foi o tradicional baile da Danza de Espadas. 

A xornada comezou cun acto institucional ás 11 da mañá no salón de plenos do Concello, no que o Padroado de San Miguel entregou as distincións aos confrades de honra e impuxéronse as espadas de prata e douradas aos danzantes.

Ao mediodía, a comitiva dirixiuse ao Templo Novo do Parque Eguren, onde se celebrou unha misa solemne cantada polo Coro Thalassa

A continuación, foi a quenda da esperada procesión e baile. A partir das 13.00 horas, o santo San Miguel comezou o seu percorrido cara á praza do Reloxo, coas habituais paradas #ante o palco de música da alameda e a praza de España para realizar o colorido e vistoso baile de catro séculos de antigüidade. 

Durante todo o percorrido e nas tres paradas para o baile -alameda, praza de España e praza do Reloxo-, as cintas de cores azuis, vermellos e brancos compartiron protagonismo coa calor, que ao mediodía pegou forte en Marín, pero ou conseguiu deslucir a secular tradición. 

Unha ofrenda floral na praza do Reloxo foi o colofón á xornada.