Netos de Alexandre Bóveda e de Filgueira Valverde rexeitan a utilización política dos seus avós

Pontevedra
24 de abril 2015

A concelleira María Biempica firmó la declaración para apoyar la Declaración institucional del Día de Galiza Mártir un año más tarde de haber abandonado "por una incidencia" el pleno en el que se aprobó esa petición

Ignacio Medina e Valentín García Bóveda, netos de Filgueira Valverde e Bóveda, con Ernesto Vázquez-Rey e María Biempica Mónica Patxot

"No Estado español hai unha triste historia de politización de vítimas do alzamento ou da banda terrorista ETA e entendemos que institucionalizar este día deixaría de politizar e crearía un beneficio para a sociedade na creación dunha memoria democrática e poliédrica, non subxectiva nas persoas senón obxectiva do Estado, que é quen ten que velar pola memoria pública", con esta frase Valentín García Bóveda manifestaba a súa oposición a que se politice a institucionalización do Día de Galiza Mártir.

O neto de Alexandre Bóveda comparecía co neto de Xosé Filgueira Valverde, Ignacio Medina, acompañando á concelleira non adscrita, María Biempica e ao representante da Fundación Alexandre Bóveda, Ernesto Vázquez-Rey Farto.

A concelleira asinaba o seu apoio á petición da declaración institucional do Día de Galiza Mártir que "por una incidencia" non votara no pleno de marzo de 2014 cando se encontraba aínda nas filas do Partido Popular e ausentárase da sesión. Agora, a petición da Fundación, a concelleira quixo mostrar a súa solidariedade con esta causa e lamentou que o PP non quixese volver levalo a pleno.

Ernesto Vázquez-Rey e Valentín García Bóveda culparon a dirección do PP en Santiago de opoñerse a esta iniciativa en Pontevedra a pesar de que varios dos concelleiros de Jacobo Moreira mostraron o seu apoio a esta proposta.

Indican, ademais, que os plenos de xeito unánime das corporacións de Bueu e Poio si pediron a institucionalización do Día de Galiza Mártir, cos votos a favor do PP. Para evitar a politización da figura do intelectual pontevedrés, dende a Fundación reclaman un tratamento oficial: "a figura de Bóveda utilízase politicamente porque non se utiliza institucionalmente", apuntou Vázquez-Rey Farto. García Bóveda engadiu que "unha memoria democrática fornece a sociedade de construción crítica e cívica fronte á democracia e fronte as non repeticións do acaído no Estado".

Ignacio Medina: "Cáusame moita tristeza que se politice todo o tema da cultura galega, como sucede co meu avó"

Pola súa banda, Ignacio Medina, neto de Filgueira Valverde e integrante do partido Todos por Pontevedra que lidera María Biempica, tamén mostrou o seu malestar polo debate político sobre a figura do seu avó, tras os ataques do BNG ao homenaxeado no Día das Letras Galegas pola súa etapa como alcalde de Pontevedra no período franquista: "Cáusame moita tristeza que se politice todo o tema da cultura galega, como sucede co meu avó"e, a continuación, argumentou que"xa vai sendo hora de que se vexa a cultura que fixo a xente por Galiza e que loitou porque a cultura e o galego se mostrase a nivel nacional e internacional, que é algo máis que o franquismo e a dereita franquista".

Arquivado en