Nauta Sanxenxo poñerá en marcha unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar as instalacións do porto deportivo de Sanxenxo durante este ano 2020.
Entre elas atópase a gasolineira, en cuxas instalacións se fará unha limpeza dos tanques, melloras nos surtidores e un acondicionamento do local.
Ademais repararanse os pantaláns xa que durante este inverno producíronse debido aos temporais unha serie de deficiencias nalgúns pantaláns. Encargouse un informe para coñecer o estado real dos pilotes e así poder realizar as reparacións que sexan necesarias.
Por outra banda, o actual sistema de vídeo vixilancia dos pantaláns, do varadero e da gasolineira será renovado para mellorar a seguridade nas instalacións portuarias.
Finalmente, no aparcamento de Nauta acometeranse traballos de mantemento, como é o pintado das prazas, paredes, ou reparacións pequenas.