Nace a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros de Barro para unir esforzos contra a crise

Barro
09 de marzo 2021

En Barro, unha decena de empresarios locais toman a iniciativa de constituir a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros. O colectivo nace coa idea de dinamizar os sectores produtivos do municipio, e exercer como plataforma a través da cal se poidan canalizar todas as axudas posibles

Protesta de empresarios de Barro Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hosteleiros de Barro

En Barro, unha decena de empresarios locais tomaron a iniciativa de constituir a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros.

O colectivo nace coa idea de dinamizar os sectores produtivos do municipio, ademais de exercer como plataforma a través da cal se poidan canalizar todas as axudas posibles. Dende a asociación destacan como as axudas máis importantes todas aquelas que se destinen aos sectores que se viron máis afectados pola pandemia.

Os promotores da iniciativa mantiveron a primeira toma de contacto nunha reunión telemática que tivo lugar este luns 8 de marzo, e na que aprobaron e acordaron a posta en marcha da asociación.

Ademais, na mesma reunión tamén consideraron a posibilidade de promover unha campaña de adhesión entre o tecido empresarial do municipio, co fin de conseguir o maior número de asociados posible.

Inicialmente, os empresarios asinantes do acordo de constitución da plataforma acordaron unha próxima reunión para o luns 22 de marzo.

Aseguran que, de poder facela de forma presencial, sería esta a opción idónea, xa que faciliaría o proceso de ultimar os puntos restantes a ter en consideración, e comezar o máis cedo posible coa fundación do ente social.