#NaCasa fronte o coronavirus: "Queda na casa, protéxete, axúdanos", pide o personal sanitario

Pontevedra
14 de marzo 2020

A través de un video, personal sanitario de diversos hospitales gallegos explican que están trabajando "intensamente" para atender a las personas afectadas por esta pandemia y que necesitan la colaboración de todos para seguir haciéndolo. "Quédate en casa, protégete, ayúdanos", solicitan en esta campaña

Campaña #NaCasa polo coronavirus PontevedraViva

As autoridades téñeno claro. Se tes síntomas de ter coronavirus debes quedar na casa. E se non os tes, evita saír dela salvo que sexa estritamente necesario. Só así, aseguran, poderase combater a expansión do virus por Galicia.

Por iso, os profesionais do Servizo Galego de Saúde activaron unha campaña que, baixo en hashtag # NaCasa, busca concienciar a todos os galegos da importancia desta corentena colectiva.

A través dun vídeo, persoal sanitario de diversos hospitais galegos explican que están a traballar "intensamente" para atender ás persoas afectadas por esta pandemia e que necesitan a colaboración de todos para seguir facéndoo.

"Queda na casa, protéxete, axúdanos", solicitan nesta campaña, na que lembran que toda a súa atención debe ser "para os que máis nos necesitan nestes momentos", é dicir, os pacientes con patoloxías máis graves.

"Teñamos sentidiño e limitemos os nosos contactos", reitera todo o persoal sanitario do Sergas

Os profesionais reiteran que "para poder acabar con este problema necesitamos a túa axuda" e piden que "pensemos en todos" e non contribuamos a saturar as urxencias hospitalarias ou nin acudamos aos centros de saúde con problemas leves. 

Recomendan que as persoas con febre, tose ou dificultades respiratorias pidan consulta telefónica e fagan un "uso responsable" da sanidade "polo ben de todos" e lembran que os nenos, aínda que non van padecer tanto esta enfermidade si a transmitirán, polo que solicitan aos pais que "pensen en todos e eduquen en saúde".

"Teñamos sentidiño e limitemos os nosos contactos", reitera todo o persoal sanitario do Sergas, que insisten en que todos os cidadáns sigan as recomendacións das autoridades e que ante a sospeita de contaxio "procura protexer á túa contorna".