Murgas, festival e a 'Corrida do Galo' centran a programación do Entroido de Barro

Barro
21 de febreiro 2020

As actividades de Entroido en Barro dan comezo o domingo día 23 coa celebración das fases clasificatorias da Corrida do Galo a partir das 17:30 horas

Entroido de Barro 2019 Concello de Barro

As fases clasificatorias da 'Corrida do Galo' serán as encargadas de dar comezo á programación do Entroido de Barro, o domingo día 23 de febreiro a partir das 17:30 horas en todas as parroquias, tomando a testemuña ás 18:00 horas o baile de domingo de entroido do Centro Cívico organizado pola Asociación  Peñaflor.

O día grande será o sábado 29 de febreiro, no que se celebrará o Festival de Entroido no pavillón de deportes. As actividades do día darán comezo ás 18:00 horas coa final da Corrida do Galo, mentres que ás 18:30 horas empezarán o baile e o desfile infantil e a partir das 22:00 horas o baile de entroido.

Segundo confirmou o Concello de Barro, habilitaranse premios tanto para grupos como parellas e individuais nas categorías de adulto e de infantil, e todos os menores de seis anos participantes recibirán un agasallo. 

Por último o  Entroido da localidade volverá contar cun Festival de Murgas como broche aos actos festivos. Será o sábado 7 de marzo ás 20:00 horas na nave de música.

Arquivado en