O Concello de Ponte Caldelas celebrou este venres un dos seus desfiles de Entroido máis multitudinario.
Máis de 1.200 persoas inscritas, nove comparsas e dez grupos procedentes de Pontevedra, Marín, Poio, Vilaboa, A Lama e Sanxenxo.
Dende as inmediacións do pavillón de Chan da Barcia, grupos e comparsas percorreron a vila ata concluír na Alameda, onde se celebrou a entrega de premios antes de dar paso á verbena amenizada pola orquestra Miramar.