A Policía Local de Poio localizou a un condutor que levaba un colchón sobre o teito do vehículo.
Segundo relataron fontes oficiais da Policía Local, os ocupantes que viaxaban no interior do vehículo suxeitaban o colchón sacando as mans por fóra.
Os axentes municipais lembraron que unha mala disposición da carga tanto no exterior como no interior do vehículo pode ocasionar un accidente e causar lesións graves.
"Neste caso por facer unha mudanza púxose en risco a seguridade viaria, ademais de constituír unha infracción de tráfico", apuntaron os axentes.