Morre o sarxento da Brilat accidentado o pasado 19 de outubro en Soria

Pontevedra
26 de outubro 2023

O Exército de Terra informou do falecemento do sarxento da Brilat Raúl Molina Descalzo, polas feridas sufridas no accidente, no que tamén perdeu a vida o soldado Iván Mejuto o pasado 19 de outubro

O sarxento da Brilat, Raúl Molina Descalzo Ministerio de Defensa

O Exército de Terra informou do falecemento do sarxento da Brilat Raúl Molina Descalzo, polas feridas sufridas no accidente no que tamén perdeu a vida o soldado Iván Mejuto o pasado 19 de outubro.

Aquel sinistro tivo lugar á altura do quilómetro 244 da N-122, no termo municipal de Langa de Duero, provincia de Soria, lugar no que o camión militar que conducía o soldado saíase da calzada, segundo explicara o Ministerio de Defensa.

No accidente resultou ferido o sarxento Raúl Molina que estaba destinado na mesma unidade, o Grupo de Artillería de Campaña VII. Viaxaba como acompañante no vehículo militar accidentado. Volvían de participar no exercicio Gamma Azor 23, en Zaragoza. 

Raúl Molina atopábase ingresado no Hospital Universitario de Burgos.

Mediante unha nota divulgada en redes sociais o Exército de Terra expresa o seu "sentimento de profunda tristeza". 

"O noso máis sincero pésame e apoio á súa familia, amigos e compañeiros, nestes momentos tan difíciles. Descanse en paz", engade o comunicado.