Julio Araújo, parella da pontevedresa Sonia Iglesias -desaparecida en agosto de 2010- faleceu nas últimas horas no seu domicilio de Pontevedra. Padecía desde hai anos un cancro de pulmón que, segundo fontes próximas a el, agravouse nos últimos meses.
El foi no seu momento o único investigado -a nova figura xurídica para os imputados- pola desaparición de Sonia. A pesar diso, os investigadores nunca lograron probas o suficientemente sólidas contra el, o que obrigou a arquivar o caso.
Unha das súas últimas aparicións mediáticas produciuse en febreiro de 2018 cando acudiu á comisaría da Policía Nacional para declarar como investigado polo homicidio da pontevedresa. Tampouco entón quixo dar a súa versión publicamente.
Fíxoo por el o seu avogado, quen en plena investigación sobre a casa familiar que Julio Araújo tiña en San Amaro, afirmaba que o seu cliente estaba cunha "tranquilidade e serenidade absoluta" porque, segundo defendía, "non tivo intervención nestes feitos".
Coa morte de Araújo, que tiña un fillo en común con Sonia Iglesias -de dez anos no momento da desaparición- quedarán sen resolver moitas das incógnitas que aínda rodean un caso que conmocionou á opinión pública pontevedresa hai unha década.