Moreira culpa a Lores de que Pontevedra sexa "a cidade galega con máis taxa de paro"

Pontevedra
22 de xaneiro 2015

O dato ofrecido pola Enquisa de Poboación Activa sinala que Pontevedra sitúase nun 28,7% de taxa de desemprego, unha cifra superior ao 20,87% da media xeral en Galicia e ao 23,7% da media estatal
 

A concelleira María José Rodríguez Teso e o portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira PontevedraViva

Jacobo Moreira, voceiro do Partido Popular local, volveu denominar a Miguel Anxo Fernández Lores como o "alcalde do paro" ante o ascenso da taxa de desemprego en Pontevedra en decembro de 2014 ata o 28,7%.

O líder da oposición municipal entende que esta cifra mostra que Pontevedra é a cidade galega con máis paro e apunta a que "esta é a consecuencia de non contar cun novo PXOM, de deixar morrer o comercio local, de non apoiar ás PEMES e de non atraer industria," sinalou Jacobo Moreira.

Moreira destacou que en España, a taxa de desemprego se sitúa no 23,7% por debaixo das expectativas marcadas polo Goberno central. En Galicia a cifra sitúase en 20,8%. Dende o PP critícase que no presuposto municipal para 2015 só se destine un 0,28% dos case 70 millóns de euros á creación de emprego, cando os populares reclamaban que se destinase, polo menos, un millón de euros.

VISIÿN SINDICAL

O secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, indica que estes datos mostran precariedade laboral son consecuencia da aposta por unha estabilidade cada vez "máis minorada" derivada polo programa laboral que traslada o Goberno Central.

Sobre a situación en Pontevedra sinala que o incremento da taxa de paro se debe á perda de traballo administrativo ante a privatización de servizos públicos e sinala que esta liña non garante unha estabilidade laboral.