Moraña tramita 64 peticións da axuda municipal a empresas afectadas pola Covid-19

Umia
07 de xullo 2020

A convocatoria permanece aberta para a presentación de solicitudes, informan desde o Concello

Encontro da alcaldesa Luisa Piñeiro con autónomos e representantes de pemes Concello de Moraña

O Concello de Moraña recibiu un total de 64 solicitudes para acceder ás axudas económicas que o Concello pon a disposiicón dos autónomos e pequenas empresas. 

Só tres semanas despois da súa papertura o Concello tramitou 45 peticións por peche de actividade e outras 19 por redución da facturación.

Cun orzamento global de 100.000 euros, o prazo de presentación de solicitudes continúa aberto. As bases inclúen unha axuda de 900 euros ás empresas que pecharon e 400 euros para os que reduciron a súa actividade.