Moraña sae á rúa para esixir que se cubran as vacantes no centro de saúde

Umia
22 de xaneiro 2023

O BNG, organizador da protesta, calcula a presenza de máis de seiscentas persoas neste acto contra os recortes no centro sanitario e en defensa da sanidade pública. Participaron o deputado nacionalista no Parlamento de Galicia, Luís Bará, e a responsable de política municipal do BNG e veciña de Moraña, Eva Vilaverdespansegoe>

Manifestación para pedir que se cubran as vacantes médicas en Moraña BNG de Moraña

Máis de seiscentas persoas, segundo a organización, saían na mañá deste domingo á rúa en Moraña para reclamar á Consellería de Sanidade que finalicen os recortes no centro de saúde da vila. 

Este acto de protesta, organizado polo BNG, contou coa presenza de Luís Bará, deputado nacionalista no Parlamento de Galicia, e de Eva Vilaverde, responsable de política municipal dentro da formación e veciña de Moraña.

Os asistentes reclamaron que se cubran as vacantes médicas no centro sanitario e mostraron o seu rexeitamento á ampliación deste espazo. O percorrido realizábase polas principais rúas do centro urbano de Santa Lucía para finalizar diante do Concello.

Rubén Monteagudo, responsable local do BNG, demandou un aplauso para o persoal do centro de saúde. A continuación, Carmen Fariña, veciña de Moraña e traballadora do SERGAS, lía o manifesto relatando a perda de pediatra, de matrona e a ausencia habitual de profesionais médicos no municipio. Lembrou que centos de pacientes levan máis de cinco meses sen médico asignado e, segundo expuxo, sen poder obter unha cita para Atención Primaria no centro.

Marcos Suárez, portavoz municipal do BNG, agradeceu finalmente a presenza activa na marcha do PSdeG-PSOE de Moraña e lamentou a ausencia do alcalde José Cela. Concluía o acto mostrándose orgulloso pola mensaxe "contundente" enviada pola veciñanza de Moraña ao "Partido Popular, Xunta e SERGAS"