Moraña prepárase para o 8 de marzo con múltiples actividades para visibilizar a las mujeres

Umia
28 de febreiro 2020

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, o concello de Moraña preparou diversas actividades como mesas redondas e representacións teatrais para visibilizar ás mulleres

Presentación do programa do 8M no concello de Moraña Concello de Moraña

O Concello de Moraña presentou a súa programación para o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, que estará protagonizada exclusivamente por veciñas do municipio e que xirará en torno a unha mesa redonda coa participación da cidadanía e a un espectáculo escénico en feminino. 

O programa comezará o vindeiro sábado 7 coa mesa redonda 'As Mulleres, o piar de Moraña', na que catro veciñas do municipio procedentes de diversos ámbitos narrarán as súas experiencias vitais e profesionais antes da apertura dun coloquio. Esta xuntanza desenvolverase no Edificio Multiusos a partir das 20:00 horas.

O venres 14 de marzo ás 21:00 horas no antigo mercado de Santa Lucía levarase a cabo a representación de 'Soa' da man de Rogelia dos Outeiros, da parroquia de Amil. A entrada será de balde ata completar aforo.

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, manifestou que o goberno local "desenvolve ao longo de todos os días do ano un amplo programa transversal de fomento da igualdade e loita contra a violencia de xénero con actividades formativas e educativas, obradoiros, xuntanzas, publicacións ou plans de concienciación, e mnos sentimos moi comprometidos con datas tan importantes como o 8 de Marzo ou o 25 de Novembro nas que queremos que se visibilice todo este traballo e se siga afondando na construción dunha sociedade en igualdade".