Moraña prepara unha reforma integral de todos os seus parques infantís

Umia
09 de xaneiro 2023

O alcalde Jose Cela fixo este anuncio despois de que xa se rematasen as obras de renovación dos parques da Carballeira de Santa Lucía, a Chan e a Espedregueira

Reforman parques infantís en Moraña Concello de Moraña

Moraña mejorará todos los parques infantiles que faga falta. Así o expresou o alcalde Jose Cela despois do bo resultado no que quedaron as actuacións levadas a cabo en tres parques infantís moi utilizados en Moraña.

Por unha banda, actuouse no conxunto de xogos da Carballeira de Santa Lucía, “un dos que máis usan os veciños”, afirmou o alcalde, no que se renovou todo o chan e aqueles elementos de xogo que se atopaban en peores condicións, precisamente por ese intenso uso que se facía deles.

Ademais, realizouse unha actuación sumilar no parque que se atopa xunto á Escola Unitaria, na Chan, onde tamén se renovaron elementos que presentaban desperfectos e habilitouse un chan de herba artificial “que agora poderán desfrutar os nenos e nenas desta escola pero tamén os de toda Moraña”.

E, finalmente, levouse a cabo unha modernización integral do parque da Espedregueira. “Neste caso, optamos por tiralo por completo e facer un completamente novo, co que dar servizo aos máis pequenos desta parroquia”, explicou Cela.

De cara a este ano, o alcalde asegura que se tratará de actuar “en todos os demais parques infantís que precisen dunha posta a punto, porque queremos que os nenos e nenas de Moraña poidan xogar neles con toda a  seguridade, desfrutando do seu concello”.