Tres parques infantís de Moraña van a ser renovados cos vistas a que estean "no mellor estado posible" e cumpran as medidas de seguridade, segundo anunciou o alcalde, José Cela. Nesta actuación investiranse case 76.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
"Quixemos incluír estes proxectos para os parques e tratar de executalo o antes posible, porque para nós é unha prioridade xa que sabemos o importante servizo que cumpren para os máis pequenos e as súas familias", apuntou o rexedor.
Dentro de este proxecto destaca o parque de Santa Lucía, situado na propia carballeira, que é a área infantil de referencia no municipio. Por outra banda, un dos parques que tamén conta con moito uso é o situado no lugar de A Chan, dentro do recinto de equipamentos educativos e culturais e fronte ao recinto da capela dos Milagres de Amil. Este parque tamén da servizo á escola infantil de A Chan.
Ambos parques, a consecuencia do paso do tempo e do propio deterioro polo uso, a principal deficiencia que presentan é que dispoñen dun pavimento que presenta un notable deterioro.
Ademais, tamén teñen elementos deteriorados dos propios xogos como parafusos, repousapés, agarradeiras ou tapóns de seguridade que precisan de certas reparacións.
Así, colocarase céspede artificial no caso da Chan e un novo pavimento bicapa de caucho para Santa Lucía. Ademais de levar a cabo as reparacións pertinentes, no parque da Chan instalarase un novo balancín de xirafa.
No que respecta ao parque infantil de Espedregueira, executarase un novo peche perimetral de madeira dun metro de altura e instalarase un novo elemento de xogo que contará con dúas torres, un tobogán, dúas plataformas, unha rampla, unha escaleira e unha pasarela-túnel.
Ademais, repararanse e trataranse aqueles elementos que presentes deficiencias, polo que se levará a cabo a reforma integral de todo o parque.