Mónica Regueira é a gañadora do concurso de carteis da Feira da Peregrina 2017

Pontevedra
22 de xuño 2017

Mónica Regueira Luna é a gañadora do III concurso de carteis da Feira da Peregrina 2017, que ten por obxecto a elección do cartel oficial deste evento taurino. Esta veciña de Ponte Caldelas é a primeira muller en gañar este concurso co seu traballo que titula "Peregrina bordada"

Cartaz gañador do concurso da Coordinadora de Peñas Taurinas Coordinadora de Peñas Taurinas

Mónica Regueira Luna é a gañadora do III concurso de carteis da Feira da Peregrina 2017, que ten por obxecto a elección do cartel oficial deste evento taurino.

Esta veciña de Ponte Caldelas é a primeira muller en gañar este concurso co seu traballo que titula "Peregrina bordada".

O concurso está organizado pola coordinadora de peñas taurinas de Pontevedra en colaboración coa empresa Hermanos Lozano actuais xerentes do coso de San Roque. A gañadora levará 500 euros de premio.

Dos traballos presentados para esta terceira edición o xurado tivo que eliminar a dúas ilustracións por non cumprir coas bases do concurso. 

Nos próximos días, a empresa Hermanos Lozano dará a coñecer o contido deste cartel cos nomes dos toureiros e ganderías que se darán cita no coso de San Roque para unhas corridas previstas para os días 6, 12 e 13 de agosto.