Mollabao expón as súas demandas aos candidatos á Alcaldía en 2019

Pontevedra
16 de novembro 2018

A asemblea veciñal de  Mollabao está prevista para o vindeiro mércores 21 de novembro ás 19.00 horas na parada de autobús que se atopa debaixo da ponte da autoestrada AP-9 e está confirmada xa a presenza de representantes de Cidadáns, PP e PSOE. Aínda non confirmou Marea Pontevedra

Juan Saenz-Diez Malvar con outra integrante da asociación Mollabao Si Mónica Patxot

A asociación que, baixo o lema 'Mollabao si', loita desde hai anos xa por conseguir unha reforma integral do seu barrio convidou aos principais candidatos á Alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2019 a asistir á súa próxima asemblea veciñal para que coñezan a súa situación e reivindicacións. 

A asemblea veciñal de  Mollabao está prevista para o vindeiro mércores 21 de novembro ás 19.00 horas na parada de autobús que se atopa debaixo da ponte da autoestrada AP-9 e está confirmada xa a presenza de Cidadáns, PP e PSOE

Segundo a información facilitada polo portavoz veciñal Juan Saenz-Dez Malvar, está confirmado que acudan a número 1 de Cidadáns, María Rey; o presidente local e portavoz do PP, Rafael Domínguez; e o portavoz municipal do PSOE, Agustín Fernández. Ademais, asistirán os concelleiros Iván Pontes (PSOE) e José Luis Martín (PP). 

Os veciños tamén convidaron aos números uno e dous de Marea Pontevedra para as próximas eleccións, Luís Rei e Teresa Casal, pero aínda non teñen confirmación da súa presenza.