Ángel Moldes, portavoz do PP en Poio, trasladaba este xoves na Xunta de Portavoces do Concello de Poio a súa preocupación sobre que se vai a facer coas festas de San Xoán.
O representante popular sinala que queda un mes para esas datas e existe preocupación entre a cidadanía: "aprazarlas ou cambialas de data, coa incerteza que existe, non parece unha opción válida, sobre todo tendo claro que o Concello ten que ter, como máxima prioridade, velar pola seguridade sanitaria da veciñanza".
Ángel Moldes engade que a xente está a preguntar porque "ademais do valor emocional e cultural, as festas teñen un orzamento importante e se se dedice non facelas é importante saber a que se vai destinar" e lamentou que o alcalde Luciano Sobral e o resto do equipo de goberno demostrasen que carecen dun plan ou unha opinión respecto diso. "Dinnos que non saben o que van facer", apunta Moldes.
Desde o PP son partidarios de que, en caso de cancelarse, o diñeiro se destine a axudar a autónomos, pequenas e medianas empresas e aos veciños con menos recursos e aos máis afectados pola pandemia.