Modas estrañas

Pontevedra
12 de outubro 2014

A escritora Sylvie Tartán dedica a súa reportaxe de hoxe ás modas estrañas e, en concreto, a anti-tendencia de levar zapatillas con calquera prenda de roupa
 

Zapatillas e vestido Sylvie Tartán

Queridos lectores, está claro que a moda en xeral non sempre ten como finalidade última embelecernos. Véxase, por exemplo, a última tendencia para saír nas fotos: Botar fóra a lingua, cal vaca holandesa. Algo que se popularizou de xeito incrible e que eu non acerto a entender por que.

Outro exemplo de moda pouco favorecedora son os manidos "sneakers" un calzado ultracómodo (supoño!), pseudodeportivo, con cuña interior a maioría das veces e que embute o pé coma se dunha botifarra se tratase, amarrándoo ata o nocello e facendo parecer que tes un pé cúbico similar ao dos personaxes dos debuxos animados xaponeses dos 70.

Modelos de "sneakers" de Isabel Marant.

Foron Heidi e Marco los precursores dos ⿿sneakers⿝? Non quero nin pensalo⿦

Está claro que nos nosos anos máis novos, buscamos a novidade, estar á última e integrarnos nun grupo. Cando un xa pasa da vintena, comeza a encontrar o seu estilo antes suxeito á escravitude das tendencias. Pasan os anos e a cousa facilítase porque xa temos claro que nos favorece, con que nos encontramos máis cómodos e que é o máis acorde á nosa personalidade.Un estilista que traballaba en París díxome unha vez que non hai muller que antes dos 40 se vista ben e creo que tiña a súa parte de razón. A clave é encontrar o teu propio estilo, algo que non parece doado e que, como efectivamente, non o é, supón unha gran fonte de alimentación coa que se nutre a industria da moda tempada tras tempada. O ideal, seguir sutilmente as tendencias incorporando ou rescatando se é o caso, só aquilo que realmente nos entusiasme. Por ende, deixar pasar o que realmente non sexa favorecedor nin vaia co noso estilo, por moito que as revistas non deixen de repetirnos que é o máis ou por moitas que sexan as celebrities que o leven. A anti-tendencia que se leva a palma agora mesmo, na miña modesta opinión, é a nova versión de ir "arreglá pero informal", ou sexa, zapatillas deportivas con todo. Antes era levar tacóns co chándal e considerábase de pésimo gusto e resulta que agora se investiu e é levar zapatillas deportivas cos teus atavíos diarios ou mesmo cos máis elegantes e resulta que é mega guay. Síntoo, non podo con iso! Carolina de Mónaco sorprendeunos no último Baile da Rosa con vestido de gala e zapatillas -si, estaba recén operada pero supoño que podería terse posto un calzado mono e cómodo. E si, as zapatillas eran de Chanel, pero zapatillas á fin.

Creo que este modeliño tivo detractores e defensores a partes iguais.

Que ela é bela e de nocello para arriba ía esplendorosa, por suposto. Pero a min chocábame e doíame ver aqueles zapatillóns co precioso vestido de inspiración oriental tamén da firma francesa. Como ela, moitas son as que se apuntaron a esta moda, ao meu xuízo terrible, de acurtar pernas e feminidade a partes iguais. Se queredes ir cómodos hai mellores formas de facelo.

O efecto é sempre de "pegote". Que fan estas zapatillas aí?

Por suposto, que cada un leve o que Deus lle deu a entender e que arree coas consecuencias cando, pasados uns anos, vexa os seus recordos con estes estilismos e pense " Que horror! ". Alguén se atreve a ensinar as súas fotos dos anos 80? O tempo creo que me dará a razón.

Bicos, abrazos e zapatos bonitos!