O mito erótico da Bela Otero e a súa revisión en clave feminista, a análise na UNED

Pontevedra
11 de xaneiro 2025

Esta cita servirá de remate ao simposio organizado desde novembro con exposicións e conferencias acerca da figura da Bela Otero, a muller galega máis famosa da Belle Epoque

A Bela Otero Léopold-Émile Reutlinger

O centro asociado da UNED en Pontevedra acolle o vindeiro luns 13 de xaneiro, a partir das 18.30 horas, unha conferencia sobre o mito erótico da Bela Otero.

A actividade contará, entre outros, coa presenza de Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Veo e eurodiputada no Parlamento Europeo; Miguel Ángel Martínez Coello; Sabela Salgueiro Couto; Antonia Blanes Hermida; e Carmen Álvaro.

Esta conferencia servirá de remate ao simposio organizado na UNED desde o mes de novembro con exposicións e conferencias acerca da figura da Bela Otero, a muller galega máis famosa da Belle Epoque.

Esta conferencia propón unha análise crítica desde a perspectiva feminista sobre como se constrúe o mito da Bela Otero, interpelando as dinámicas sociais, culturais e de clase que a situaron entre a glorificación e a deshumanización.

Ao mesmo tempo, permite reflexionar sobre o legado deste mito no presente e as posibilidades de resignificar a súa papel na historia cultural marcada por un sexismo estrutural que asigna ás mulleres estereotipos de xénero baseados no desexo, a beleza e a subordinación cara os homes, á vez que se lles nega a súa complexidade como suxeitos autónomos.

A figura da Bela Otero, coas súas luces e sombras, é un exemplo que nos permite explorar como o patriarcado constrúe estereotipos de xénero que limitan as posibilidades de acción e recoñecemento das mulleres na sociedade.

Esta cita ofrece un espazo imprescindible para cuestionar os estereotipos e a mercantilización do corpo das mulleres, proporcionando ferramentas para interpretar criticamente as representacións culturais das mulleres e avanzando cara á construción dunha sociedade máis igualitaria.