Miñones celebra en Pontevedra os 4,7 millóns de euros destinados a rehabilitar tres edificios públicos

Pontevedra
20 de febreiro 2023

O delegado do Goberno visitó este lunes con la subdelegada Maica Larriba y el alcalde Miguel Anxo Fernández Lores el Concello pontevedrés. Destacou a importancia do Plan de Recuperación Local que permitirá a rehabilitación do antigo edificio do conservatorio; do edificio municipal de Churruchaos e do CEIP do Príncipe Felipe

Visita de José Miñones con Miguel Anxo Fernández Lores e Maica Larriba ao antigo conservatorio de Pontevedra Mónica Patxot

José Miñones, delegado do Goberno, visitaba este luns Pontevedra para achegarse ata o antigo edificio do conservatorio municipal, que será rehabilitado para converterse nun laboratorio artístico e de novas iniciativas, a través do financiamento do programa PIREP, que xestiona o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

O delegado realizaba a visita acompañado pola subdelegada Maica Larriba e polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado por outros concelleiros do grupo de goberno. Miñones anunciou que, a través das axudas do Plan de Rehabilitación, este edificio situado na rúa Alfonso XIII contará con 922.817 euros para afrontar a restauración e crear un espazo accesible.

A esta obra súmanse a reforma de Churruchaos, por demanda do Concello, con outra achega de 776.096 euros. Tamén se afrontarán co Programa PIREP os traballos para reformar o CEIP Daría González García, no Centro Príncipe Felipe, con 1,7 millóns de euros de fondos do Goberno, solicitados pola Deputación de Pontevedra.

Miñones sinalou que en total os investimentos no municipio alcanzarán os 4,7 millóns de euros. Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández Lores afirmaba que as obras nos edificios municipais van destinadas a fomentar a accesibilidade e a mellora enerxética.

Tamén indicou que na segunda fase deste programa PIREP espera que se reciban axudas para o envoltorio do Pavillón Municipal de Deportes, do Teatro Principal e do Pazo da Cultura. O delegado manifestáballe que no prazo dun mes espérase a resolución destes proxectos. 

Lores tamén fixo referencia, durante o encontro con Miñones, aos temas de Costas, como no caso de Ponte Sampaio; a reforma de Mollavao ou da Xunqueira de Alba. Ademais, tamén trataron a segunda fase do paseo a Marín ou a circunvalación.

En relación con estes proxectos, o representante gobernamental lembrou que hai apenas uns meses celebrábase o desbloqueo para mellorar o nó de Bombeiros, que xa se atopa en licitación. Explicou que continúan coa tramitación do paseo a Marín, que permanece en fase de reformulación e xa transmitiu a Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente, a necesidade de que o proxecto estea preparado nesta lexislatura. Engadiu que actualmente se están centrando neste procedemento "porque foi un éxito na primeira fase".

Apuntou tamén a que a subdelegación se mantén en contacto coa delegación de Costas para revisar desafectacións e, desta forma, dar un empuxón á necesidade de desbloquear determinados temas.