México, na busca de empresas galegas que queiran investir no país

Pontevedra
06 de xullo 2017

México quere abrir as súas portas a empresas galegas. Así o destacou en Pontevedra, Ana Salina, representante da área comercial da embaixada do país azteca en España. Non só para compañías dispostas a investir 'in situ', senón tamén para aquelas que busquen vender os seus produtos ou importar os que se producen no seu país

Lores recibe a Ana Salina, representante comercial da embaixada de México en España Mónica Patxot

 

México quere abrir as súas portas a empresas galegas. Así o destacou en Pontevedra, Ana Salina, representante da área comercial da embaixada do país azteca en España. Non só para compañías dispostas a investir 'in situ', senón tamén para aquelas que busquen vender os seus produtos ou importar os que se producen no seu país.

Estas oportunidades de negocio serán trasladadas ás empresas interesadas, non só ás que acompañarán ao Concello na misión comercial a México, nunha xornada formativa que se celebrará esta tarde na Casa da Luz.

Ana Salina sinalou que as posibilidades son "ilimitadas", xa que México está interesado en todo tipo de sectores e en promocionar as oportunidades que presenta como país para empresas españolas.

A representante comercial da embaixada mexicana, entre outros, citou o interese do seu país por investimentos en turismo, onde México está rexistrado un crecemento "espectacular". Non só na Riviera Maya, senón que explicou que actualmente hai unha aposta por hoteis urbanos que buscando aproveitar o "turismo de negocios".

Ademais, México tamén puxo os seus ollos nas enerxías "limpias", especialmente a eólica ante os fortes ventos que se rexistran en varias das súas rexións, buscando empresas "pequeñas o medianas" dispostas a constituír filiais mexicanas; e no sector agroindustrial, ao ser unha potencia na produción de especias e froitos secos.

Iso si, Salina advertiu que en México e en España "se habla el mismo idioma pero no el mismo lenguaje" e que en ambos os países hai "diferentes" formas de facer as cousas, de pechar negocios ou de marcar os tempos, polo que asegura que é "indispensable" coñecer a "idiosincrasia" do país azteca antes de querer investir nel.

Neste sentido, indicou que desde ProMéxico -organismo do goberno federal que promove o comercio e o investimento internacional- acompáñase ás empresas estranxeiras en todo este proceso e "los llevamos de mano" en todo o que necesiten para completar os seus trámites.

Arquivado en