México, destino da primeira misión empresarial impulsada polo Concello

Pontevedra
26 de maio 2017

Unha vintena de empresas acompañarán, por primeira vez, ao goberno municipal nun das súas viaxes internacionais. Será a México D.F., cidade á que o Concello volveu a ser convidada para falar do modelo urbano de Pontevedra. "É unha viaxe que estamos a preparar con moita ilusión", explicou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías

Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica Mónica Patxot

Unha vintena de empresas acompañarán, por primeira vez, ao goberno municipal nun das súas viaxes internacionais. Será a México D.F., cidade á que o Concello volveu a ser convidada para falar do modelo urbano de Pontevedra. "É unha viaxe que estamos a preparar con moita ilusión", explicou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.

O goberno municipal entende que, unha vez que o modelo pontevedrés converteuse nunha "referencia" en todo o mundo, "hai que sacarlle o máximo rédito" non só para a propia cidade, senón tamén para as empresas que traballan en Pontevedra e arredores e que, neste caso, teñan interese en abrir negocios con México.

Esta misión comercial estará en México D.F. os días 23, 24 e 25 de agosto e o Concello tivo xa os primeiros contactos con empresas para que integren esta comitiva. Todas elas mostráronse "encantadas" con esta idea, segundo Gulías, quen convidou a aquelas compañías que poidan estar interesadas a que "se poñan en contacto con nós".

As empresas deben formar parte que os catro sectores "básicos" que o Concello seleccionou para esta misión comercial: turismo, sector primario e alimentación, deseño urbano e construción e creatividade. Serán, en todo caso, "referentes" en cada unha destas actividades.

A edil do BNG explicou que o goberno municipal "levábamos desde hai tempo" tentando organizar unha misión deste tipo, aproveitando que o modelo urbano de Pontevedra segue "plenamente vixente e en forma".

A oportunidade xurdiu, dixo, tras o convite recibido polo Instituto Tecnolóxico Autónomo de México (ITAM), unha das universidades privadas máis prestixiosas da capital azteca. O centro organizou un seminario para analizar transformacións urbanas e elixiron a Pontevedra para que explique o cambio que experimentou a cidade.

Ademais, a secretaría de desenvolvemento económico de México D.F. tamén convidou a Pontevedra a participar, nesas mesmas datas, nun evento denominado Expopymes. Trátase dunha feira que busca crear alianzas comerciais e analizar oportunidades de negocio e que, este ano, estará dedicada ás cidades globais e ás enerxías limpas.

Pontevedra formará parte da delegación internacional convidada a este evento, xunto coas cidades estadounidenses de Chicago, Phoenix, San Antonio e Los Angeles.

Arquivado en