'Merca no barrio' súmase esta fin de semana á programación de Nadal de Pontevedra

Pontevedra
16 de decembro 2023

Este sábado o programa de dinamización do comercio local 'Merca no barrio' comeza nas Galerías Frei Xoán de Navarrete dende as 16.30 até as 20.30 horas co Minichef, un Boneco de neve con lambetadas. Tamén haberá manualidades para elaborar unha bota de Papá Noel de madeira

Animación "Os bastóns do Nadal" Concello de Pontevedra

Esta fin de semana volve con forza a programación de Nadal ás prazas e rúas de Pontevedra. 

O prato forte é o comezo do programa de 'Merca no barrio' que pretende dinamizar as compras en todos os barrios e rúas da cidade.

Este sábado o programa de dinamización do comercio local 'Merca no barrio' comeza nas Galerías Frei Xoán de Navarrete dende as 16.30 até as 20.30 horas co Minichef, un preparará un boneco de neve con lambetadas. Tamén haberá manualidades para elaborar unha bota de Papá Noel de madeira.

A partir das 17.30 horas, a praza de Curros Enríquez acolle obradoiros, música e animación de rúa; e ás 19.00 horas será a praza da Ferraría a que colle o espectáculo "Sons de Nadal".

Ademáis o Pazo da Cultura ofrece, a partir das 19.30 horas, o "Conto de Nadal", un concerto da Orquestra xove da Sinfónica de Pontevedra e da Xove Orquestra Terra nova de Lugo. A entrada será de balde até completar cabida.

Finalmente, "Sons de Nadal" trasladaranse á praza de España ás 20.00 horas.