O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e membros do Parlamento Europeo que están en Galicia con motivo das xornadas "Os Camiños de Santiago: visións dende Europa" percorreron este sábado un treito da Ruta Xacobea entre Caldas de Reis e Padrón.
Ademais de España, estes parlamentarios proceden de diversos países como Portugal, Italia, Alemaña, Croacia, Irlanda ou Lituania.
Os participantes saíron dende Caldas de Reis ás 10,30 horas co obxectivo de chegar a Padrón ás 16,00 horas, previa pausa para comer no albergue de peregrinos de Valga en torno ás 13,00 horas. Unha vez rematada a andaina, pola tarde realizarán unha visita guiada aos principais monumentos da cidade rosaliana.
Segundo informou o presidente da Fundación Amigos del Camino Portugués, Celestino Lores, ademáis do eurodiputado pontevedrés Francisco Millán Mon participaron os parlamentarios Laima Andrikiene (Lituania); Silvia Costa, presidenta da Comisión de Cultura e Educación (Italia); Sean Kelly (Irlanda); Werner Kuhn (Alemania); Marijana Petir (Croacia) e Fernando Ruas (Portugal) e os eurodiputados españois: Pilar Ayuso, José Blanco, Pilar del Castillo, Teresa Jiménez-Becerril e Pablo Zalba.
RÉCORD DE PEREGRINOS
No ano 2015 Compostela recibiu 262.515 peregrinos, dato que xa marcou un máximo histórico. A previsión é que en 2016 se acade un novo récord xa que dende xaneiro se recibiron máis de 123.300 peregrinos, un 8% máis que no mesmo período do ano pasado.