Meis organiza unha andaina solidaria con motivo do 8M

O Salnés
14 de febreiro 2023

O Concello de Meis organiza a II Andaina Solidaria que terá lugar o domingo 12 de marzo e incluirá visitas ao interior e aos xardíns do Pazo de Señoráns

Pazo de Señoráns Turismo Rías Baixas
Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, o Concello de Meis organiza a II Andaina Solidaria para o domingo 12 deste mes pola zona de Paradela coa posterior visita o interior e xardíns do Pazo de Señoráns.
 
A saída desta actividade solidaria será desde o Campo da Boca ás 10:30 horas segundo informa o Concello de Meis.
 
Para participar haberá que abonar tres euros que se destinarán á Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra.
 
A xente que queira inscribirse poderá facelo a través da seguinte ligazón.