Medio centenar de voluntarios erradican especies invasoras a beiras do Oitavén

Ponte Caldelas
21 de maio 2022

Con machadas, serras e todo tipo de ferramentas forestais, o medio cento de voluntarios adentráronse no paraxe comprendido entre o monte do Castro e a Insua do río Oitavén e foron eliminando as especies que colonizan este paraíso entre as que abundan os eucaliptos e as acacias

Erradicación de especies invasoras nas beiras do río Oitavén Concello de Ponte Caldelas

Medio cento de voluntarios actuaron durante a mañá deste sábado na erradicación de especies invasoras nas beiras do río Oitavén á altura do Monte do Castro e da Insua, na parroquia de Gaxate, A Lama.

Esta é unha das primeiras accións aprobadas pola asemblea da plataforma celebrada no Centro Sociocultural de Forzáns e vai orientada á defensa medioambiental do entorno natural do río Oitavén e da súa biodiversidade autóctona.

Ao longo da vindeira semana continuarán con esta serie de accións realizando un inventariado de biodiversidade do val do río Oitavén, da flora e da fauna de ribeira, que se desenvolverá dentro da 'Gran Semana Ciencia Ciudadá e da Biodiversidade', impulsado por colectivos ecoloxistas.

Os promotores da iniciativa explicaron que o seu obxectivo é "defender o río e poñelo en valor desde o punto de vista medioambiental preservando as especies autóctonas, moitas delas endémicas, e erradicar aquelas invasoras que están a causar un prexuízo á biodiversidade deste magnífico entorno natural”.

Con machadas, serras e todo tipo de ferramentas forestais, o medio cento de voluntarios adentráronse no paraxe comprendido entre o monte do Castro e a Insua do río Oitavén e foron eliminando as especies que colonizan este paraíso entre as que abundan os eucaliptos e as acacias.

A actuación foi convocada pola Plataforma en Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén 'ENCORO NON' e a coordinou en todo momento o colectivo ecoloxista A Rente do Chan. Tamén contou coa colaboración da comunidade de montes de Gaxate.