Medio Ambiente mellorará a estación de bombeo de Lameira

Marín
21 de maio 2015

Esta actuación, cun importe de 1,2 millóns de euros, é necesaria para garantir un correcto funcionamento do sistema de saneamento, ao tempo que se avanza na mellora da calidade da auga da ría de Pontevedra

Consello da Xunta Xunta de Galicia

O Consello da Xunta  na súa reunión deste xoves, aprobou a sinatura dunha nova addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Marín polo cal a Xunta de Galicia mellorará a estación de bombeo de Lameira.

Esta actuación, cun importe de 1,2 millóns de euros, é necesaria para garantir un correcto funcionamento do sistema de saneamento, ao tempo que se avanza na mellora da calidade da auga da ría de Pontevedra.

Un dos obxectivos desta addenda é a introdución desta nova actuación ao tempo que se reaxustan as anualidades pendentes das actuacións en marcha, ao ritmo de execución das obras.

Esta actuación forma parte dun conxunto de accións que constan dun orzamento de máis de 6,6 millóns de euros destinados á mellora do saneamento do rural de Marín, dos cales o Concello achega 530.000 euros.