Maxia, música, teatro, arte... e moito máis para que os máis pequenos tamén vivan as festas da Peregrina

Pontevedra
11 de agosto 2020

Os máis pequenos da casa están a ter este ano un protagonismo especial na programación das festas da Peregrina, pensadas para que todos os públicos gocen dos festexos locais a pesar das restricións derivadas a pandemia. Este luns, estrearon eventos novos do programa como o ciclo 'Pontevedra máxica'

'Pontevedra máxica' na praza da Pedreira Cristina Saiz

Os máis pequenos da casa están a ter este ano 2020 un protagonismo especial na programación das festas da Peregrina, pensadas para que todos os públicos gocen dos festexos locais a pesar das restricións derivadas a pandemia do coronavirus. Este luns, puideron seguir gozando das mesmas actividades de hai días, pero tamén de eventos novos do programa como o ciclo 'Pontevedra máxica'

A maxia inundou a praza da Pedreira ás 20.30 e as 22.30 horas deste luns cos espectáculos 'Maxia, misterios e outras historias' de Óscar Fernández e 'Todos somos nenos' de Xulio Merino dentro do ciclo 'Pontevedra Máxica', que durante toda a semana ofertará a espectadores de todos os públicos en dous horarios propostas de lecer de dous magos. 

Este martes 11, será a quenda do mago pontevedrés Pedro Volta, co seu espectáculo 'A maxia de Pedro Volta' en dous pases.  O mércores 12 as citas serán con Fran Rei e 'A historia de Brancaflor' ás 20.30 e co MagoTeto e 'O afiador' ás 22.30 horas. 

O xoves 13, o espectáculo 'Don Gelatti' do mago Dani García chegará ás 20.30 á praza da Pedreira e 'Maxia con desgarbo' de Carlos Tomico, ás 22.30. Ya o venres 14, o ciclo pechará con 'Maxia pola igualdade' da ilusionista Fani Triana e 'Lingua do País' da ilusionista Martín Camiña.

Este luns 11 a programación para o público infantil tamén continuou co ciclo 'Ven trebellar nas Peregrinas' ás sete e media con 'Barafunda: Bambolina' na Alameda e 'Cé Orquestra: A xogar, cantar e bailar' no parque de Amalia Álvarez

O ciclo 'Xeiras das Artes' con dúas quendas de programación repartidas por distintos puntos da a cidade completaron a programación da xornada para os máis pequenos. Na praza da Curtidoira déronse cita Monoulious Dop (música) + Mente de amuleto (ilustración). E nos xardíns de María Victoria Moreno a oferta foi Isa Risco (narración) + O’Ras (grafitti). 

Arquivado en