Marzo rexistra 1.437 desempregados menos en Pontevedra ante a proximidade da Semana Santa

Pontevedra
02 de abril 2019
Actualizado: 14:44

A Semana Santa anima o mercado laboral e, como é habitual antes do seu comezo, o paro na provincia de Pontevedra comezou a descender. Aínda que, probablemente, o efecto será maior en abril, marzo pechou con 1.437 pontevedreses menos rexistrados como demandantes de emprego

Traballador nunha obra da cidade Mónica Patxot

A Semana Santa anima o mercado laboral e, como é habitual antes do seu comezo, o paro na provincia de Pontevedra comezou a descender. Aínda que, probablemente, o efecto será maior en abril, marzo pechou con 1.437 pontevedreses menos rexistrados como demandantes de emprego.

Na cidade de Pontevedra a baixada no número de desempregados fue de 132 persoas o que sitúa o número de inscritos no rexistro de demandantes de emprego en 5.762 persoas. 

   Febreiro  Marzo   Variación
Pontevedra5.8945.762-132
Barro272265-7
Bueu794 80915
Caldas de Reis726687-39
Cambados1.0781.059-19
Campo Lameiro1301300
Cerdedo-Cotobade360359-1
Cuntis283281-2
O Grove1.023909-114
A Illa de Arousa312292-20
A Lama179155-24
Marín1.639 1.555-84
Meaño393 356-37
Meis363345-18
Moraña300298-2
Poio1.1051.092-13
Ponte Caldelas507482-25
Portas205 197-8
Ribadumia312295-17
Sanxenxo1.2431.167-76
Vilaboa419405-14
Vilagarcía de Arousa3.4203.420-14
Vilanova de Arousa   777 771-6

PROVINCIA

Segundo os datos que divulgou este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Pontevedra conta a día de hoxe con 67.830 desempregados, o que supón un descenso do -2,07% con respecto ao mes anterior.

En termos interanuais, a provincia reduciu o seu desemprego en 5.780 persoas, un -7,85% dos parados que había en marzo de 2018.

Por sectores económicos, o paro rexistrado baixa en servizos en 960 persoas, en construción en 187, en agricultura en 186 e en industria en 179. O colectivo sen emprego anterior, mentres tanto, rexistrou un aumento de 97 persoas sen traballo. 

GALICIA

O desemprego tamén descendeu no conxunto de Galicia en marzo, con respecto ao mes anterior, nun total de 2.868 persoas (-1,65%), de maneira que o cómputo de parados pasa a ser de 170.841 galegos.

No último ano, na comunidade son 14.262 as persoas que abandonaron as listas do paro, un -7,70%, segundo os datos oficiais de emprego.

ESPAÑA

Pola súa banda, en toda España o número de parados rexistrados no mes de marzo baixou en 33.956 traballadores en relación co mes anterior. En valores relativos, este descenso do paro é dun -1,03%. Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.255.084 persoas.

Con estes datos, os servizos públicos de emprego reflicten que, ao longo do último ano, o paro reduciuse en 167.467 persoas, cun ritmo de redución interanual do 4,89%.

Arquivado en