A rapazada entre 4 e 10 anos terá a oportunidade de darlle a benvida á primavera esta fin de semana cun novo taller de lecer do Ganapán no Mercado de Abastos.
A iniciativa contará desta volta cunha serie de talleres creativos nos que se inclúen a elaboración de maruxas de nata e uns ramos de flores primaverais, o sábado 25 de marzo, e outro no que os nenos poderán preparar galletas red velvet ou confeccionar superheroes e superheroínas de pau, o domingo 26.
As actividades levaranse a cabo de 11:30 a 13:30 horas en ambos días. Aquela rapazada que desexe participar deberán inscribirse a través do correo electrónico oganapan@gmail.com, indicando na mensaxe posibles intolerancias de cada quen.
Recorda Yoya Blanco, Concelleira de Promoción Económica, "non esquecer a friameira para poder levar ás casas as deliciosas receitas que aprenderán a facer nesta fin de semana inaugural da primavera".