Martes de "foodtruck" en Ribadumia coa campaña 'Galicia sabe a mar'

O Salnés
13 de marzo 2023

O foodtruck estará dispoñible na caravana instalada na Praza do Concello en dúas quendas ao longo deste 14 de marzo; pola mañá, de 12.00 a 15.00 horas e pola tarde, de 18.00 a 21.00 horas

Presentación en Santiago da campaña 'Galicia sabe a mar' Xunta de Galicia

Este martes 14 de marzo instalarase unha caravana na Praza do Concello de Ribadumia con motivo da campaña 'Galicia sabe a mar', que promove a Xunta de Galicia. 

Con esta proposta promociónanse os produtos do mar de Galicia e a gastronomía relacionada co ambiente mariño. A foodtruck ofrecerá pratos preparados con diferentes elementos propios da gastronomía galega.

Abrirá en dúas quendas: de 12.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. Todas aquelas persoas que queiran degustar estes produtos na rúa terán a súa oportunidade durante a jornaqda.

O Concello de Ribadumia únese a esta campaña autonómica para promocionar a riqueza gastronómica e contribuír ao fomento do turismo