Mariñeiros de Mauritania péchanse na Deputación para que medie ante o Goberno

Marín
26 de setembro 2012

Un grupo de representantes do sindicato nacionalista CIG protagonizaron un peche xunto a mariñeiros de Mauritania no interior do edificio da Deputación de Pontevedra

Mariñeiros de Mauritania concentrados no interior da Deputación de Pontevedra PontevedraViva

Ao redor dun cento de mariñeiros afectados polo peche do caladeiro de Mauritania pecháronse esta mañá no salón de plenos da Deputación de Pontevedra para forzar unha solución a este conflito laboral.

Os mariñeiros protestaban porque 55 días despois de que os cefalopodeiros galegos tivesen que abandonar este caladero "aínda se están a tramitar as axudas de 45 euros diarios", asegurou Xabier Aboi, voceiro de CIG-Mar.

Tras reunirse co presidente da Deputación, Rafael Louzán, pediron a súa mediación ante a Consellería de Medio Rural e de Mar para coñecer as razóns do atraso da publicación das axudas que aínda non foron publicadas no Boletín Oficial do Estado.

Aboi sinalou que o nerviosismo está crecendo día a día entre as familias dos afectados desde que o pasado 31 de xullo 20 barcos galegos, con tripulacións maioritariamente do Morrazo, tiveron que abandonar o caladero do país magrebí logo de que finalizase o anterior acordo entre a Unión Europea e Mauritania.

Abandonaron o seu peche tras recibir unha copia do borrador definitivo das ordes de axuda

O responsable de CIG-Mar expuxo a Louzán que non existe ningunha clase de motivos que xustifiquen a decisión da Unión Europea de deixar fora á flota cefalopodeira española, asegurando que estas augas xa foron ocupadas pola flota chinesa que acaban de asinar un acordo por 25 anos con Mauritania.

Tralas xestións do presidente provincial Rafael Louzán, o Ministerio de Agricultura facilitou aos mariñeiros unha copia do borrador definitivo das ordes das axudas, tras o cal abandonaron a súa encerro.

O sábado celebrarán unha asemblea en Marín para estudar o borrador.

Arquivado en