Marín reparte os premios do seu Entroido virtual con máscaras

Marín
18 de febreiro 2021

Este ano había ganas de poñer as máscaras de Entroido, pero tocou manter postas as sanitarias para seguir loitando contra a pandemia e ser responsables. Por iso, e ante a necesidade de celebrar o Entroido dun xeito telemático e familiar, o Concello convocou á veciñanza a participar no Concurso de Decoración de Máscaras de Entroido

Primeiro premio infantil no Concurso de Decoración de Máscaras de Entroido Concello de Marín

Este ano había ganas de poñer as máscaras de Entroido, pero tocou manter postas as sanitarias para seguir loitando contra a pandemia e ser responsables. Por iso, e ante a necesidade de celebrar o Entroido dun xeito telemático e familiar, o Concello convocou á veciñanza a participar no Concurso de Decoración de Máscaras de Entroido.

Con dúas modalidades -infantil e adultos-, o xurado fixo a súa deliberación para establecer en base a un máximo de puntos os tres premiados de cada categoría, aos que se sumou o sorteo dun premio de 100 euros para cada unha.

O xurado estivo composto polas concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez, a representante do Ateneo Santa Cecilia, Isabel Martínez Epifanio; a representante de Os Da Caña, Analía Ignacio Villanueva; a representante de Amigos dos Rapaces, Vanessa Souto Casais; e o representante de Trompos os Pés, Jose Luis Lago García.

O sorteo realizouse nas instalacións do Concello de Marín, da man da alcaldesa, María Ramallo, e dunha técnico do corpo de funcionarios municipal, que todos os anos se viste de viúva para celebrar -incluso nestas circunstancias- o famoso Enterro da Sardiña de Marín.

Os premios na categoría infantil foron para Teo Rivas Amado (primeiro premio) por O mundo contra o virus, Leo Campos González (segundo premio) por El búho guardián e Pedro Aboal Meira (terceiro premio) por Asúper máscara contra a covid.

Entre os adultos os premiados son Sandra Meijueiro Fernández (primeiro premio) por La costurera, Cristina González Sotelo (segundo premio) por Velorio con aforo e Rebeca Juncal Rosales (terceiro premio) por A gatiña. 

Os gañadores do sorteo foron Uxía Guimeráns (infantil) e Juan Antonio Martínez (adultos).

En total, repartíronse 1.250 euros en premios.

Desde o Concello agradecen a toda a veciñanza a súa participación e destacan a "enorme orixinalidade que se puido ver en todas as propostas que recibimos, o que dá conta de que temos un pobo cheo de boas ideas e que saben sacar o lado bo e artístico a este Entroido telemático".

CONCURSO DE DEBUXOS DO ATENEO

Tamén o Ateneo Santa Cecilia de Marín anunciou os gañadores do concurso de debuxos do Enterro da Sardiña de Marín 2021, unha iniciativa que xurdiu pola imposibilidade de celebralo e para que siguese pervivindo, dalgunha forma, o espírito desta celebración.

Debido a enorme participación que houbo, a directiva do Ateneo Santa Cecilia ampliou os premios, pasando a ser tres premios por categoría en vez de os dous premios que marcaban as bases nun primer momento.

Un total de 865 debuxos que tiveron que valorar os membros do xurado, os que calificaron dunda enorme orixinalidade e creatividade, que ademáis deixan constancia de que o Enterro da Sardiña está vivo nestas novas xeracións.