Este xoves foi presentado o programa do Entroido 2018 do Concello de Marín.
As actividades comenzará o venres, 9 de febreiro, coa I Edición de Cantos de Taberna, adicada a os gaiteiros Os de Marín, a partir das 21:30 horas no Freixo, Construmar, La Huerta de la Abuela, Knoobe. Antes, ás 20:00 horas no Museo Manuel Torres, conferencia sobre o Entroido, impartida por Xosé Anxo Rosales, membro da Sociedade Antropolóxica de Galicia. Organiza el Ateneo Santa Cecilia y tamén esta asociación acollerá no seu novo local, dende o 9 ao 17 de febreiro, unha exposición de fotos do enterro da Sardiña do fotógrafo Gago do ano 2002.
Xa o día 10 de febreiro, sábado, a partir das 15.30 horas comeza a inscrición para o desfile infantil no palco da música, na Alameda Rosalía de Castro. O desfile dará comezo as 16:30 horas, polas seguintes rúas: rúa Real, Praza do Reloxo, rúa do Sol, Doutor Touriño e avenida Jaime Janer. Ao rematar haberá animación infantil. No caso de mal tempo, o desfile e a festa cancelarase.
O 11 de febreiro, domingo, as 12:30 horas, se poderá disfrutar dun desfile das comparsas pola rúa Jaime Janer ata o Palco da Alameda Rosalía de Castro, onde o rematar actuará a Charanga Noroeste. E xa pola tarde, a partir 17.00 horas, terá lugar o gran desfile de disfraces e carrozas, que comeza na avenida de Ourense e remata no parque Eguren.
A concentración dos participantes será ás 16.00 horas na praza do Regueiro, diante de Casa Pilán. Desfilarán polas seguintes rúas: Praza do Regueiro, avenida de Ourense, Praza de España, rúa Almuíña, avenida Jaime Janer, rúa Concepción Arenal, para rematar no parque Eguren. A entrega de premios será no parque Eguren. No caso de mal tempo, se é posible, o desfile trasládase ao Mércores de cinza.
O día 12 de febreiro, luns, como todos os anos, terá lugar a Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area, organizada por Amigos dos rapaces, que tamén organiza a partir das 16.45 horas, a festa infantil con verbena na Lameiriña coa actuación da Orquestra Pontevedra.
O día 13 de febreiro, martes, o Concello de Marín organiza a partir das 17 horas, a Festa Infantil no Multiusos. Música, animación, sorteos e gardarroupa... e ás 19:00 horas haberá unha chocolatada. O Ateneo Santa Cecilia organiza o concurso de orellas e filloas, tendo tempo ata as 19 horas de participar.
O día 14 de febrero, mércores, a partir de las 17.00 horas comezará o Velatorio da sardiña no palco da música, para xa as 20.00 horas comezar co Enterro da Sardiña saída pola rúa Jaime Janer, baixada polo Busto, Doctor Touriño, Rúa do Sol ata chegar á Praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar: saída pola rúa Real, rúa Almuíña, praza de España e despedida ao Mar. Organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
O día 17 de febrero, sábado, as 17.00 horas terá lugar o Entroido en Seixo, organizado polo Grupo Cultural Ronsel. O desfile sairá dende as inmediacións da gasolineira e rematará na Alameda de Seixo, onde a partires das 18 horas comezará o baile de disfraces.
Día 18 de febrero, domingo, a partir das 12:00 horas, se poderá degustar O bolo do Pote e domingo de Piñata, Urralas olas e máis xogos populares, na Alameda Rosalía de Castro, organizado pola Asociación Cultural Fentos e Froumas e a Asociación Cultural de Santo Tomé de Piñeiro.
Xa o día 4 de marzo, domingo, a partir das 17.00 horas, será o Entroido en San Xulián, organizado por Os de A Caña. A saída será desde San Pedro ata o Igrexario.