Marín leva destinados 300.000 euros en seguridade e hixiene para as súas praias

Pontevedra
20 de xullo 2020

A partida de maior contía destínase os equipos de socorrismo que levan un investimento de 97.889 euros. A segunda consignación máis cuantiosa é a que corresponde a limpeza e mantemento.

Bañistas en praias de Marín o sábado 18 de xullo Cristina Saiz

Ata 300.000 euros leva investidos o Concello de Marín en diferentes conceptos para manter a seguridade e a hixiene nos areais do municipio. Unha cantidade que neste verán incrementouse ostensiblemente dadas as circunstancias que conleva a pandemia da COVID19.

Con esta partida económica, a administración local pretende ofrecer unhas praias que sexan o máis seguras posible, cumprindo todas as medidas recomendadas.

A partida de maior contía destínase os equipos de socorrismo que levan un investimento de 97.889 euros. A maiores, o Concello adquiriu táboas de rescate para os socorristas por un importe de 2.931 euros.

A segunda consignación máis cuantiosa é a que corresponde a limpeza e mantemento, cun orzamento superior ao de anos anteriores e que se cifra en 58.612 euros; e a terceira para a creación de unidades de vixilancia especial con patrullas da Policía Local e servizos extraordinarios que supón 29.137 euros.  

Relacionadas igualmente coa conxuntura sanitaria do coronavirus están outras partidas dirixidas a concienciar e informar os usuarios da praias. Así, deriváronse 3.751 euros para equipos de megafonía; 3.611 euros en ferramentas cartográficas para o cálculo de aforo en praias e 1.626 euros en lonas de advertencia.

Finalmente, aumentáronse as dotacións económicas para a adquisición de material sanitario, cun total de 3.630 euros e 2.057 euros para equipos desfibriladores automáticos. Outros 2.291 euros nunha pasarela enrollable para acceso á praia

Ademais da citada consignación de limpeza e mantemento, os traballos anuais habituais de mantemento e posta a punto supuxeron outros 55.274 euros para acondicionar area, balizamento, roza, e baleirado de fosas sépticas.