Os nenos de Marín poderán xogar de novo nos parques infantís municipais a partir do venres pola tarde. Así o anunciou este xoves o Concelllo, que indicou que desde o martes desta semana estanse a realizar desinfeccións en todas as áreas recreativas, de cara á súa nova posta en funcionamento.
A Policía Local desprecintará aquelas áreas que foran limpadas, dado que se seguirá coas desinfeccións paulatinamente, e colocará carteis informativos nos que, con iconografía clara e sinxela, se entenda a necesidade de manter en todo momento as medidas de hixiene e seguridade recomendadas.
El Concello apela á responsabilidade individual e ao comportamento cívico para gozar de novo dos espazos para os cativos con sentidiño, sen relaxar as medidas de prevención de contaxios.
Tamén desde hai dúas semanas procedeuse á reapertura das canchas deportivas municipais ao aire libre, así como a posta de novo en marcha dos asadores no Lago de Castiñeiras.
En todos estes casos, o Concello colocou carteis con mensaxes informativos e de concienciación, para que o proceso de desescalada sexa respectado, recuperando pouco a pouco o dominio do espazo público pero sen perder de vista extraordinaria situación que estamos a vivir.