Marín contrata o acondicionamento das praias do municipio

Marín
07 de maio 2020

A administración local avanza que traballa na incentivación do ámbito turístico do municipio para a tempada estival

Limpeza das praias e dos viais de acceso aos arenais de Marín Concello de Marín

"Para asegurar a protección da seguridade das persoas unha vez que se levante o estado de alarma" e como explicou este xoves a alcaldesa de Marín, María Ramallo, o Concello adxudicaba á empresa Obras e Servizos Justo o contrato para o acondicionamento das praias do municipio.

É un contrato cun importe de 16.335 mil euros.

Polo momento a administración local marinense non reportou detalles de como se contempla o uso e goce dos areais unha vez que que estea permitida a ocupación destes espazos. Si sinalaba que "será un verán diferente no que haberá que adaptar estes espazos naturais ás restricións que conleven as medidas de prevención de contagios de coronavirus".

Tamén se apunta que o Concello de Marín está a traballar no ámbito que afecta ao turismo, e no que as praias son un dos seus principais atractivos, co obxectivo de incentivalo para a tempada estival á vez que se garanta en todo momento a seguridade de todos os veciños e dos turistas que se acheguen ao municipio.