Maricarmen Iglesias: "Las expectativas son altas, pero el escepticismo también"

Pontevedra
21 de febreiro 2018

A irmá de Sonia Iglesias asegura que están "sorprendidos porque no sabiamos nada" e lamenta a tardanza das dilixencias deste caso: "Creemos que todo esto, si se hubiese llevado años atrás, sería mucho menos doloroso que haber pasado por todos estos años, pero, bueno, dentro de todo lo malo, que se reabra es bueno" 

Manifestación polo sétimo aniversario da desaparición de Sonia Iglesias Diego Torrado

A noticia da reapertura do caso de Sonia Iglesias foi toda unha sorpresa para a súa familia. A súa irmá, Maricarmen Iglesias, asegura que non sabían nin que o caso leva meses reaberto nin que este martes realizaríase un rexistro na vivenda da familia de Julio Araújo en San Amaro.

Enteráronse da nova a través dos medios e están "sorprendidos porque no sabiamos nada". Superada a sorpresa, chegou o momento da esperanza, aínda que contida, pois no pasado xa tiveron esperanzas en moitas ocasións e ao final sempre se truncaron.

Lamenta, iso si, a tardanza coa que se realizaron todas as investigacións neste caso. Como xa comentou ao longo dos últimos anos, lamenta que a desaparición da súa irmá non se considerase desde o principio como un caso de violencia de xénero e que moitas dilixencias e pasos policiais demorásense por ese motivo.

"Creemos que todo esto, si se hubiese llevado años atrás, sería mucho menos doloroso que haber pasado por todos estos años, pero, bueno, dentro de todo lo malo, que se reabra es bueno", valora. 

"La esperanza es lo último que se pierde. Las expectativas son altas, pero el escepticismo también", sinalou en declaracións telefónicas a PontevedraViva. Esta mesma sensación tena, segundo indicou, o resto da súa familia. O seu pai atópase hospitalizado e a súa nai acompáñalle en todo momento, de modo que tentan manter as emocións contidas e "esperar a ver si tenemos resultados"

"Esperando noticias". É a frase que máis repite Maricarmen, que descoñecía que a causa estivese reaberta, pero si admite que no último ano acudiu en dúas ocasións á Comisaría para falar cos investigadores da Policía Nacional e "aclararles algún tema en concreto". Descoñecían que se realizaron dilixencias xudiciais, pero si sabían que a investigación policial seguía adiante. 

A familia de Sonia Iglesias, desde o principio da investigación, apuntaron a Julio Araújo, ex parella da desaparecida e pai do seu fillo e antigo investigado por esta causa, podía ter algo que ver coa súa ausencia. Agora, tras estas últimas novidades, reafírmanse en que "creemos que desde el primer momento él sabe mucho más de lo que dice y seguimos manteniendo la misma idea". 

Arquivado en