Membros da candidatura de Marea Galeguista mantiveron este venres un encontro con representantes da Plataforma da Praza de Praceres, cos que abordaron a situación da depuradora.
A cabeza de lista de formación en Pontevedra, Peque González responsabilizaba á Xunta e ao BNG de "mirar a outro lado. Temos un problema ambiental e a ampliación que se expón o único que vai facer é agrabarlo", afirmou, avogando por un modelo de depuradoras de menor tamaño.
Desde o colectivo veciñal trasladáronlles o seu malestar con esta infraestrutura ao considerar que é algo que "non lle importa a ninguén, porque o dano está localizado no fondo da ría, á beira do complexo de Ence; os estamentos políticos pásanse a pelota uns a outros sen buscar solucións", a pesar de que desde a UE xa se advertiu.
Os portavoces da Plataforma tamén manifestaron o seu malestar aos candidatos por "o trato que se lle dá a Praceres. Defínennos como zona degradada" e entenden que dado que está emprazado Ence, unha vía do tren pasa pola parroquia, tamén un "scalextric", e os recheos do Porto; "que máis dá unha cousa máis".