Manuel Campos: "Isto é un balón de osíxeno para seguir traballando por Cuntis"

Umia
27 de maio 2019

O socialista recibiu un recoñecemento ao seu últimos catro anos como alcalde cunha vitoria por maioría absoluta de sete concelleiros. Interpreta que supón un apoio a "unha decidida aposta por fomentar os servizos sociais, reactivar proxectos paralizados e poñer en funcionamento a unha durmida administración local"

A candidatura de Manuel Campos, do PSOE, celebra os resultados electorais PSOE Cuntis

Manuel Campos recibiu este domingo un recoñecemento aos seus últimos catro anos como alcalde de Cuntis cunha vitoria por maioría absoluta de sete concelleiros para o PSOE que o alcalde interpreta como "un balón de osíxeno para seguir traballando por Cuntis".

O alcalde reelixido quere "agradecer moito" aos veciños o apoio demostrado, que lle fixo sumar o 53,90% dos votos emitidos e lograr máis do dobre de edís que catro anos atrás. Pasaron de tres a sete concelleiros á conta dun PP que se afundiu e perdeu tres dos seus cinco concelleiros previos. Quedou con dous, mellor panorama que o que ten #ante si no BNG, que perdeu o seu único concelleiro e queda fóra da Corporación.

A maioría absoluta permitiralle gobernar en solitario, pero o alcalde non pecha a porta a acordos con outras forzas políticas, vista a "boa sintonía" que houbo con Veciñanza de Cuntis no último mandato. Os socialistas se muesttran abertos a escoitar todas as propostas do grupo veciñal, que conservou os seus dous concelleiros.  

Ao día seguinte da súa histórica victora, Manuel Campos valorou que o resultado supón un apoio a "unha decidida aposta por fomentar vos servizos sociais, reactivar proxectos paralizados e poñer en funcionamento a unha durmida administración local". Na súa opinión, con este voto maioritario os cuntienses supón recoñecer "ou traballo feito lestes catro anos". 

Campos xa pensa no novo mandato e asegura que a súa intención é "poñernos a traballar xa para a apertura inmediata do centro de día". Entre os seus retos para os próximos anos inclúe ese centro de día e tamén a posta en marcha do polígono industrial e a redacción do novo plan xeral. 

Ademais, asegura que permanecerá "inmutable" a aposta e a conservación de todos os servizos sociais postos en marcha no último mandato.

Arquivado en