A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés continúa rebaixando o número de persoas infectadas con coronavirus. Este sábado 28 de agosto notifícanse por parte da Consellería de Sanidade un total de 689 casos activos, 42 menos que na xornada do venres.
670 pacientes atópanse nas súas vivendas evolucionando da enfermidade, mentres que 19 pacientes, tres menos que na xornada do 27 de agosto, continúan ingresados. No municipio de Pontevedra tamén se rexistra un descenso este sábado ao rexistrarse 206 (-12) casos positivos.
Nove pacientes mantéñense en planta de hospitalización do Hospital Montecelo; catro no Hospital do Salnés e uno Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Ademais, cinco pacientes, igual que hai 24 horas, que presentan unha situación máis graves permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUS).
Non se rexistraron novos falecementos nas últimas horas. A cifra de defuncións motivadas pola covid-19 continúa sendo de 199 persoas na área sanitaria. Desde o inicio delplan de continxencia curáronse 20.215 persoas, 66 máis que na xornada do venres.
Realizáronse 459 probas PCR nas últimas 24 horas, que ofreceron 23 novos positivos.
DATOS EN GALICIA
O número de casos activos en Galicia baixa dos 9.000 situándose en 8.953, con 2.384 positivos na área da Coruña; 1.437 en Lugo; 708 en Ourense; 689 en Pontevedra; 1.773 na área de Vigo; 1.320 en Santiago e 642 en Ferrol.
Deste total de positivos, 55 persoas permanecen nas Unidades de Coidados Críticos; 194 pacientes mantéñense en planta de hospitalización e 8.704 evolucionan nos seus domicilios.
O número de falecementos na comunidade autónoma ascende a 2.557 persoas con coronavirus desde o inicio da pandemia, despois de que Saúde Pública confirmase a morte doutras catro persoas máis nas últimas horas, todas maiores de 70 anos e con outras enfermidades previas.