Malestar nas redes sociais ante os vídeos de celebracións masivas na contorna da Praza da Verdura

Pontevedra
09 de maio 2021

Durante as últimas horas foron publicados nas redes sociais vídeos de xente nova que festexaba durante a noite a eliminación do estado de alarma con congregacións masivas nas rúas do centro histórico da cidade, que provocaron o enfado de determinados usuarios de Twitter como o xornalista pontevedrés Quique Morales

Imaxe dun dos vídeos de celebracións na contorna da Praza da Verdura na noite en que desaparecía o Estado de Alarma PontevedraViva

Dous vídeos subidos á rede social Twitter durante a noite deste sábado con numerosos mozos celebrando unha noite de festa, con motivo da caída do Estado de Alarma, nas rúas próximas á Praza da Verdura provocaron reaccións ante a falta de medidas de distanciamento social como establecen os protocolos para enfrontarse á covid-19. 

Entre estas reaccións pode atoparse a doxornalista pontevedrés Quique Morales, profesional cunha longa traxectoria laboral, entre outras empresas, na TVG, Televisión Española ou Antena 3. Morales manifestaba o seu malestar por estas imaxes en que diversos mozos amosaban a súa falta de comprensión sobre a necesidade de cumprir coas normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar contaxios.

Daniel Macenlle, director xeral de Protección Cidadá do Concello de Pontevedra, en declaracións á Radio Galega, manifestaba que estas escenas non tiveron especial gravidade e non se diferencian das sucedidas noutras cidades do territorio español e comparaba esta situación coa xornada na que se permitía a apertura das terrazas da hostalería.

En Twitter as reaccións foron máis categóricas: "De qué nos extrañaremos si en diez días nos meten a todos en casa? Ahí tenéis Pontevedra dando puto asco!" dicía @GonzaloLubian21; "Pontevedra, Madrid, Salamanca, Barcelona, Sevilla... Venga. Seguimos para Bingo. Confirmamos que la estupidez humana no entiende de geografía, ideología, ni edades. Luego se quejarán porque les cierran los bares", afirmaba @julianguede; mentres que @AndresBL93 sinalaba en comparación con outras cidades como Madrid: "Y Pontevedra igual, e imagino que todas las ciudades, que vergüenza ajena".

En contraposición, @R_Morgade entendíaesta reacción da poboación xuvenil e culpaba á clase política europea desta situación: