O desfile no municipio da Lama durante a tarde deste sábado 17 de febreiro rompeu todas as previsións. Segundo a organización, máis de 1.200 participantes desfilaron pola ruta establecida ofrecendo un espectáculo de colorido.
Tamén miles de persoas achegáronse para contemplar este desfile central aproveitando a xornada con boas condicións meteorolóxicas. Tras o percorrido, os participantes gozaron de chocolate e rosca na carpa instalada na Alameda.
Os premios foron os seguintes
- COMPARSAS
1. Raíña do Entroido da Lama. Comparsa Amoriños de Bora
2. Os 100 tolos
3. Os Solfamidas
- GRUPOS VISITANTES
1. As Marchosas de Arcade
2. Imos á praia anos 20 de Samieira (Poio)
3. A Semente de Salcedo.
- GRUPOS LOCAIS
1. Os marabillosos anos de Ponte Caldelas
2. Borracheira de Amor, de A Lama
3. Recordando vellos tempos en Galicia. ANPA de A Lama
- INDIVIDUAL/PARELLAS
1. La niña del exorcista
2. O Rápido de Caritel
3. A Familia Ketchup
A agrupación infantil premiada foi Feitas para voar, de Fornelos de Montes.