Máis de mil valentes agotan as prazas dispoñibles para pasalo de medo no Castelo de Soutomaior

Soutomaior
24 de setembro 2024

As visitas teatralizadas de Samaín terán lugar entre os días 4 de outubro e 1 de novembro cun total de 42 pases, 26 dirixidos a público infantil e 16 para o adulto

Visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior Troula Animación

A Deputación de Pontevedra esgotou xa as entradas para desfrutar das visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior, tanto as propostas para as familias como para adultos. 

En total, a institución provincial ofertou máis de 1.000 prazas para desfrutar destes percorridos cargados de misterio e humor, nos que coñecer o lado máis terrorífico e divertido da historia da fortaleza todas as fins de semana de outubro e o 1 de novembro.

As visitas teatralizadas para familias como para adultos serán a cargo da compañía Troula Animación e baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal. 

As visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de outubro) en horario de 20:00 horas e 21:45 horas e nelas os participantes vivirán unha experiencia nocturna única e aterradora visitando da man de Félix as distintas zonas do castelo, onde haberá desagradables encontros.

No caso do público infantil e familiar, terán lugar todos os sábados e domingos do mes (os días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de outubro) en tripla sesión, ás 12:00, ás 16:00 e as 17:30 horas, ademais do 1 de noviembre ás 16:00 e ás 17:30 horas. Trátase, deste caso, dunha experiencia que combina sustos suaves, humor e un toque de misterio que encantará tanto a pequenos como a adultos.