Unhas 215 persoas, entre elas nenos e maiores, participaron este sábado na andaina dos Fachos, a única ruta nocturna incluída no programa municipal de Ponteandadas.
Os participantes partiron sobre as oito da tarde da Praza de España e completaron un percorrido circular de varios kilómetros, con dificultade baixa, que tivo una duración dunhas dúas horas.
A ruta estivo guiada por membros do Naturgaliza Club.
A próxima cita con Ponteandadas, unha iniciativa da concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, será o 23 de outubro cunha andaina por Lérez e Alba que partirá da Illa das Esculturas.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través de ponteandadas@gmail.com, no teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda Naturcamiña, situada nas Galerías da Oliva.