Máis de corenta veciños interésanse polos detalles das obras na Rúa do Adro e Porteliña

Poio
06 de febreiro 2023

Xa está operativo o dispositivo especial de tráfico para garantir os acesos ao CEIP Viñas, con entrada desde o semáforo da PO-308. Por aí só poderán saír cara a estrada autonómico os buses escolares, o resto de vehículos deberán saír por Poio de Arriba  

Reunión informativa polas obras na Rúa do Adro e Porteliña Concello de Poio

Este domingo tivo lugar no Adro da Igrexa de San Salvador unha reunión informativa convocada pola Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, para dar conta das obras que comezaron este luns na contorna da Rúa do Adro e Porteliña. 

Xa está operativo o dispositivo especial de tráfico para garantir os accesos ao CEIP Viñas, con entrada desde o semáforo da PO-308. Por aí só poderán saír cara a estrada autonómico os buses escolares, o resto de vehículos deberán saír por Poio de Arriba. 

Na reunión estiveron presentes preto duns 40 veciños afectados. 

Entre outros detalles, o concelleiro Gregorio Agís informou de que hai habilitados dous aparcadoiros disuasorios nas proximidades, para garantir estacionamento mentres duran os traballos. Ademáis informouse doutros proxectos a desenvolver ou xa en execución en San Salvador.

No caso de Adro e Porteliña, o investimento total para a humanización, dotación de servizos e rehabilitación integral ascende a máis de 400.000 euros, provintes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.