Máis de 90 persoas formarán parte do dispositivo de limpeza que se despregará na Feira Franca

Pontevedra
04 de setembro 2013

Como vén sendo habitual, a Concellaría de Servizos  elaborou un dispositivo especial de limpeza para a Feira Franca xunto coa empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Cespa, durante as xornadas do sábado e do domingo. En total serán 91 persoas que durante as dúas xornadas participarán en labores de limpeza na rúa

Barrendeiros Mónica Patxot

A cidade sumérxese nestes días no medievo como se pode ver nas rúas, que están decoradas para acoller o venres e sábado a xa tradicional Feira Franca. Pontevedra dará a benvida a miles de persoas que nas dúas xornadas gozarán das múltiples actividades e da festa medieval máis populosa de Galicia. Pero a diferencia da Idade Media, a limpeza será un dos aspectos fundamentais de esta celebración.

Como vén sendo habitual, a Concellaría de Servizos  elaborou un dispositivo especial de limpeza para a Feira Franca xunto coa empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Cespa, durante as xornadas do sábado e do domingo. En total serán 91 persoas que durante as dúas xornadas participarán en labores de limpeza na rúa.

O dispositivo comezará o sábado 7 de setembro con dous turnos de traballo. O da mañá comezará ás 06.00 horas e contará con 18 traballadores (un xefe de servizos, un xefe de taller, dous encargados, seis operarios de limpeza a pé, e operarios para traballar cunha sopladora, dúas varredoiras, lavabeirarrúas, dous camións de recollida de lixo, e unha cisterna). Na quenda da tarde, que comezará ás 14.00 horas, disporá de 17 traballadores con distinta maquinaria e especial atención terá o vaciado de papeleiras e colectores ao que se destinarán 8 operarios.

O domingo será a xornada na que se empregarán máis efectivos para deixar a cidade en perfectas condicións. O ámbito do operativo de limpeza estará dividido en catro zonas: Campiño de Santa María, praza do Teucro, praza da Ferrería e Alameda.

Dende as 06.00 horas, participarán nel 61 operarios e distintos medios mecánicos da empresa concesionaria Cespa distribuídos da seguinte maneira:

  • Xefe de servizos
  • Xefe de taller
  • 2 encargados
  • 28 operarios de limpeza a pé
  • 4 furgóns sopladores
  • 8 varredoiras
  • 4 lavabeirarrúas
  • 4 camións de recollida
  • 4 camións cisterna

 

Este operativo especial compleméntase co habitual servizo de limpeza e recollida no resto da cidade durante o resto do día, o que deixa patente o esforzo extra que ten que facer o Concello e a concesionaria para manter en condicións de salubridade o ámbito urbano de Pontevedra. Por iso solicitan a colaboración e a comprensión de todos os cidadáns e visitantes que participen na festa.

Arquivado en